Notas de prensa

Programa Re-Acciona:
Programa Re-Acciona: Xornada de presentación da oferta de diagnósticos de competitividade gratuítos
O próximo 20 de decembro, en Santiago de Compostela, terá lugar unha xornada de presentación da oferta de 20 diagnósticos de competitividade como experiencias piloto do programa Re-Acciona do IGAPE. Este programa comezará durante o ano 2012 despregando un conxunto amplo de solucións baseadas na profesionalización da organización e a mellora do capital humano.
Como paso previo ao lanzamento do programa, as PEMEs xa poden solicitar a realización dun diagnóstico competitivo sen custo. Mediante unha metodoloxía aberta, baseada na interacción con facilitadores de ampla experiencia no desenvolvemento estratéxico, a empresa poderá coñecer con exactitude en qué posición competitiva se atopa e detectar xa un conxunto de medidas para aplicar a curto prazo.
A xornada de presentación desta oferta terá lugar no Hotel "Puerta del Camino", c/ Miguel Ferro Caaveiro (San Lázaro), Santiago de Compostela
Máis información: Páxina de inscrición. Programa Re-Acciona,

www.igape.es